venres, 16 de agosto de 2013
















A Irmandade da Paixón de Cristo é unha asociación sen ánimo de lucro nacida en febreiro de 2011. Os seus estatutos foron aprobados po-lo Arcebispo de Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 2011, e foi inscrita no Ministerio de Xustiza en Outubro de 2011.

As finalidades desta Irmandade son:

1-Promover e impulsar todas as tradicións e actos que se celebran na parroquia de Sta. Comba de Rianxo durante a Semana Santa.

2-Animar á participación activa dos rianxeir@s en todos os actos desas datas.

3-Coidar e conservar, na medida das nosas posibilidades, imaxes e demais elementos relacionados coa nosa Semana Santa.

Na Semana Santa 2011 empezamos con preto de 110 socios adultos e preto de 30 aspirantes (menores de 18 anos). Este ano incorpóranse xa pasamos dos 200 entre adultos e aspirantes.